Temos recibido a información de que hai persoas con problemas para 'sintonizar' Radio Kampus Ourense, así que velaí vos vai unha pequena reseña de como sintoniza-la RKO. Tedes que face-lo seguinte:
Baixo Windows:
Co Winamp:
1. Abride o Winamp.
2. Seleccionade o Winamp (un clic enriba do lugar onde pon "Winamp" na fiestra principal.
3. No teclado, premede a tecla "Ctrl", e a tecla "L", simultáneamente (con todo, á hora de teclar, podedes premer "Ctrl", e, sen soltar esta, preme-la tecla L, e, en canto o teñades feito, soltar ambas teclas.
Se non vos entendedes deste xeito, podedes face-lo de xeito gráfico, dando botón dereito no winamp, e elexindo "Play > Location...", do xeito no que aparece no gráfico.
4. Debería aparecer un cadro de diálogo, que é como se ve nesta imaxe:
Alí, no cadro de texto que aparece, debedes inserir o enderezo de escoita, que é:
http://rko.uvigo.es:8000/radio-kampus.ogg
5. Logo, premede a tecla de Entrar (é dicir, unha que ten unha flecha cara a esquerda, cun rabo cara arriba na parte dereita. Ou ben, no teclado numérico, unha tecla nomeada "Intro".
6. Neste intre o winamp debe conectar con un dos enderezos que serve o 'sinal' da RKO. Pode tardar un chisco, mentras conecta co equipo, e carga os primeiros segundos (esta é unha medida de seguridade, para evitar, no posible, os cortes na reproducción.)
Baixo Linux:
Co xmms:
* Facer do mesmo xeito que co Winamp en Windows.
Co beep-media-player:
* Facer do mesmo xeito que con Xmms ou Winamp (Windows), agás :
- No paso número 3, debes premer, simultáneamente, a tecla "Ctrl" e a tecla "H", no caso de que o fagas directamente coas teclas (podes tardar un chisco máis en aprender, pero logo este método é máis rápido)
- Pode que no paso número 5, teñas que 'clicar' no botón "Play", no propio beep-media-player.
Equipo RKO.
viernes, marzo 10, 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Estimados compañeiros da universidade de vigo - campus de ourense. Son un estudante de dereito en Ourense que me gostaría, co gallo do comezo do novo curso, dirixir e facer un programa de radio enfocado ás músicas do mundo e tamén a sons diferentes.
Desexaría contactar convosco para saber se a maneira é a mesma que a que aparece coma "Paquetes para dar de alta programas". Se podedes contestádeme á dirección de correo seguinte: martifernandez@alumnos.uvigo.es
Moitas grazas.
Publicar un comentario