martes, junio 13, 2006

Novo programa de Cabreados


Este Xoves, 15 de Xuño emitirase o número 23 de "Cabreados, el podcast". Este podcast de cabreos (en castelán) conxuga o "servicio público" co humor. Rafa Osuna conduce, dirixe, realiza e dá vida a este podcast, que esta semana ven cargadiño de cabreos, humor e máis...

Actualización: Por certos problemas que impediron a emisión deste programa, este emitirase o próximo Martes, día 20 de Xuño, de 22 a 23 h.

viernes, mayo 19, 2006

Fin de tempada de Catro Ventos

Este pasado 18 de Maio, Xoves, rematou, cun programa especial, a 2ª tempada de Catro Ventos.

Nel, fíxose un pequeno repaso das dúas tempadas de Catro Ventos, facendo especial fincapé nos seus comezos, presentando ao equipo que fixo posible estas dúas tempadas, e comentando algunhas novidades de Radio Kampus Ourense.

viernes, abril 21, 2006

Guillo en Radio Kampus



Na RKO, vimos de descubrir a Guillo na plataforma web de Música Libre Jamendo. Dende alí podedes baixarvo-lo contido do CD "Alunissons", dispoñible baixo licencia Creative Commons -en adiante, (cc)-.

Precisamente na súa páxina, Guillo deixa ver como esta licencia libre lle permitiu licenciar e distribuir en internet parte do disco, e a outra parte, deixala só dispoñible vía Bonus CD no paquete a vender.

Con todo, recomendamos a escoita dos cortes baixo (cc) deste grupo de pop melódico.

viernes, marzo 10, 2006

Como escoita-la RKO

Temos recibido a información de que hai persoas con problemas para 'sintonizar' Radio Kampus Ourense, así que velaí vos vai unha pequena reseña de como sintoniza-la RKO. Tedes que face-lo seguinte:

Baixo Windows:

Co Winamp:
1. Abride o Winamp.
2. Seleccionade o Winamp (un clic enriba do lugar onde pon "Winamp" na fiestra principal.
3. No teclado, premede a tecla "Ctrl", e a tecla "L", simultáneamente (con todo, á hora de teclar, podedes premer "Ctrl", e, sen soltar esta, preme-la tecla L, e, en canto o teñades feito, soltar ambas teclas.

Se non vos entendedes deste xeito, podedes face-lo de xeito gráfico, dando botón dereito no winamp, e elexindo "Play > Location...", do xeito no que aparece no gráfico.


4. Debería aparecer un cadro de diálogo, que é como se ve nesta imaxe:



Alí, no cadro de texto que aparece, debedes inserir o enderezo de escoita, que é:

http://rko.uvigo.es:8000/radio-kampus.ogg


5. Logo, premede a tecla de Entrar (é dicir, unha que ten unha flecha cara a esquerda, cun rabo cara arriba na parte dereita. Ou ben, no teclado numérico, unha tecla nomeada "Intro".

6. Neste intre o winamp debe conectar con un dos enderezos que serve o 'sinal' da RKO. Pode tardar un chisco, mentras conecta co equipo, e carga os primeiros segundos (esta é unha medida de seguridade, para evitar, no posible, os cortes na reproducción.)

Baixo Linux:

Co xmms:

* Facer do mesmo xeito que co Winamp en Windows.

Co beep-media-player:

* Facer do mesmo xeito que con Xmms ou Winamp (Windows), agás :

- No paso número 3, debes premer, simultáneamente, a tecla "Ctrl" e a tecla "H", no caso de que o fagas directamente coas teclas (podes tardar un chisco máis en aprender, pero logo este método é máis rápido)

- Pode que no paso número 5, teñas que 'clicar' no botón "Play", no propio beep-media-player.


Equipo RKO.

miércoles, febrero 22, 2006

Apertura da grella e obradoiro de elaboración de programas

Dende hoxe, está aberta a inscrición de programas para este cadrimestre. Na barra lateral, tedes o enlace directo á entrada desta bitácora que enlaza co lugar de onde descargarse a documentación dos programas.

Doutra banda, pronto veredes aprecer os lugares rko. Neles poderedes entregar e mesmo recolle-la documentación precisa para os programas,e informarvos. Os lugares rko estarán debidamente sinalizados.

Na documentación, tedes cumprida información dos requisitos para dar de alta un programa, e máis información sobre a radio e o seu funcionamento.

Tamén se abriu (o pasado día 20, e ata o 3 de Marzo) o período de inscrición para o "Obradoiro de elaboración de programas radiofónicos".

Máis información na mini-publicación acerca dos obradoiros para o 2º cadrimestre (dispoñible nas conserxerías), e ben pronto nos lugares rko.

Equipo RKO.