miércoles, febrero 22, 2006

Apertura da grella e obradoiro de elaboración de programas

Dende hoxe, está aberta a inscrición de programas para este cadrimestre. Na barra lateral, tedes o enlace directo á entrada desta bitácora que enlaza co lugar de onde descargarse a documentación dos programas.

Doutra banda, pronto veredes aprecer os lugares rko. Neles poderedes entregar e mesmo recolle-la documentación precisa para os programas,e informarvos. Os lugares rko estarán debidamente sinalizados.

Na documentación, tedes cumprida información dos requisitos para dar de alta un programa, e máis información sobre a radio e o seu funcionamento.

Tamén se abriu (o pasado día 20, e ata o 3 de Marzo) o período de inscrición para o "Obradoiro de elaboración de programas radiofónicos".

Máis información na mini-publicación acerca dos obradoiros para o 2º cadrimestre (dispoñible nas conserxerías), e ben pronto nos lugares rko.

Equipo RKO.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boas:
Chámome Óscar Rey Calo e estudio terceiro de informática en Ourense. Estaba interesado en facer o obradoiro de radio que ofertades, pero ¿so tendes o horario de luns? Porque ese día teño clase ata tarde e gustaríame ir. Estou nunha radio libre en Corme (A Coruña) dentro da Rede de Radios Libres Galegas, co que estou ó voso dispor para calqueira cousas. Un saúdo. O meu mail é oscar@corme.net.