jueves, mayo 03, 2007

Entrevista en Catro Ventos


Hoxe, Xoves, 3 de maio,no programa Catro Ventos, Antón Vega e Jandro Carballo, tendrán la visita de Guezos, grupo de folk-pop ourensán.

Más información en el blog de catroventos.

miércoles, abril 25, 2007

Sigue Catroventos

Catroventos, o (de momento) único programa semanal de Radio Kampus, sigue na súa 3º tempada, cun programa no que imos a desvelar o misterio da pregunta do Busca Trivial Catro Ventos 2007, deserta polo momento, e imos a plantexar outra.

Avisaremos dos últimos intres da MITEU, daremos algunha que outra nova en clave de Jandro, algunha que outra nova tola, e dedicarémosvos o programa, coma sempre, aos ointes de catroventos, aquí, en Radio Kampus Ourense.

¿Aínda non nos oiches zoar?

P.D.: Estamos preparando algo para a próxima semana, estade atentos.

martes, junio 13, 2006

Novo programa de Cabreados


Este Xoves, 15 de Xuño emitirase o número 23 de "Cabreados, el podcast". Este podcast de cabreos (en castelán) conxuga o "servicio público" co humor. Rafa Osuna conduce, dirixe, realiza e dá vida a este podcast, que esta semana ven cargadiño de cabreos, humor e máis...

Actualización: Por certos problemas que impediron a emisión deste programa, este emitirase o próximo Martes, día 20 de Xuño, de 22 a 23 h.

viernes, mayo 19, 2006

Fin de tempada de Catro Ventos

Este pasado 18 de Maio, Xoves, rematou, cun programa especial, a 2ª tempada de Catro Ventos.

Nel, fíxose un pequeno repaso das dúas tempadas de Catro Ventos, facendo especial fincapé nos seus comezos, presentando ao equipo que fixo posible estas dúas tempadas, e comentando algunhas novidades de Radio Kampus Ourense.

viernes, abril 21, 2006

Guillo en Radio Kampus



Na RKO, vimos de descubrir a Guillo na plataforma web de Música Libre Jamendo. Dende alí podedes baixarvo-lo contido do CD "Alunissons", dispoñible baixo licencia Creative Commons -en adiante, (cc)-.

Precisamente na súa páxina, Guillo deixa ver como esta licencia libre lle permitiu licenciar e distribuir en internet parte do disco, e a outra parte, deixala só dispoñible vía Bonus CD no paquete a vender.

Con todo, recomendamos a escoita dos cortes baixo (cc) deste grupo de pop melódico.

viernes, marzo 10, 2006

Como escoita-la RKO

Temos recibido a información de que hai persoas con problemas para 'sintonizar' Radio Kampus Ourense, así que velaí vos vai unha pequena reseña de como sintoniza-la RKO. Tedes que face-lo seguinte:

Baixo Windows:

Co Winamp:
1. Abride o Winamp.
2. Seleccionade o Winamp (un clic enriba do lugar onde pon "Winamp" na fiestra principal.
3. No teclado, premede a tecla "Ctrl", e a tecla "L", simultáneamente (con todo, á hora de teclar, podedes premer "Ctrl", e, sen soltar esta, preme-la tecla L, e, en canto o teñades feito, soltar ambas teclas.

Se non vos entendedes deste xeito, podedes face-lo de xeito gráfico, dando botón dereito no winamp, e elexindo "Play > Location...", do xeito no que aparece no gráfico.


4. Debería aparecer un cadro de diálogo, que é como se ve nesta imaxe:



Alí, no cadro de texto que aparece, debedes inserir o enderezo de escoita, que é:

http://rko.uvigo.es:8000/radio-kampus.ogg


5. Logo, premede a tecla de Entrar (é dicir, unha que ten unha flecha cara a esquerda, cun rabo cara arriba na parte dereita. Ou ben, no teclado numérico, unha tecla nomeada "Intro".

6. Neste intre o winamp debe conectar con un dos enderezos que serve o 'sinal' da RKO. Pode tardar un chisco, mentras conecta co equipo, e carga os primeiros segundos (esta é unha medida de seguridade, para evitar, no posible, os cortes na reproducción.)

Baixo Linux:

Co xmms:

* Facer do mesmo xeito que co Winamp en Windows.

Co beep-media-player:

* Facer do mesmo xeito que con Xmms ou Winamp (Windows), agás :

- No paso número 3, debes premer, simultáneamente, a tecla "Ctrl" e a tecla "H", no caso de que o fagas directamente coas teclas (podes tardar un chisco máis en aprender, pero logo este método é máis rápido)

- Pode que no paso número 5, teñas que 'clicar' no botón "Play", no propio beep-media-player.


Equipo RKO.

miércoles, febrero 22, 2006

Apertura da grella e obradoiro de elaboración de programas

Dende hoxe, está aberta a inscrición de programas para este cadrimestre. Na barra lateral, tedes o enlace directo á entrada desta bitácora que enlaza co lugar de onde descargarse a documentación dos programas.

Doutra banda, pronto veredes aprecer os lugares rko. Neles poderedes entregar e mesmo recolle-la documentación precisa para os programas,e informarvos. Os lugares rko estarán debidamente sinalizados.

Na documentación, tedes cumprida información dos requisitos para dar de alta un programa, e máis información sobre a radio e o seu funcionamento.

Tamén se abriu (o pasado día 20, e ata o 3 de Marzo) o período de inscrición para o "Obradoiro de elaboración de programas radiofónicos".

Máis información na mini-publicación acerca dos obradoiros para o 2º cadrimestre (dispoñible nas conserxerías), e ben pronto nos lugares rko.

Equipo RKO.

lunes, diciembre 26, 2005

Boas Festas

Dende a dirección de Radio Kampus Ourense, desexámosvos que pasedes unhas felices festas, e tamén un próspero ano 2006.

Esteas onde esteas, sexas coma sexas...


¡¡Feliz 2006!!

Equipo RKO.

lunes, diciembre 19, 2005

Segundo Reto 4 ventos

Nesta ocasión a pregunta formulada, o pasado 15 de Decembro, no programa 4ventos, foi a seguinte:

(Pregunta no. 2): ¿Que cidade Europea é chamada a Atenas do Norte?

E dado que a da semana anterior de emisión (30 de Novembro) resultou sen resposta, síguese podendo responder ata o 22 de Decembro ás 14h. (CET -hora Galega-), 13h. (UTC)

A pregunta era:

(Pregunta no. 1: )¿De que idioma provén a verba chatarra?

Se queredes respostalas só tedes que enviar un correo a:

4ventos@gmail.com

co asunto: Resposta pregunta no. .
No texto do correo irá a resposta.

¿A que esperades? :)

Equipo RKO

Caída do servidor da radio

Por razóns alleas á nosa vontade, o servidor da radio permaneceu caído entre o pasado sábado e este luns ás 6.25h. (CET).

Sentimos as molestias que este acontecemento indesexado poidera causar

Equipo RKO

viernes, diciembre 09, 2005

Paquetes para dar de alta programas

Xa están dispoñibles os formularios para dar de alta programas, nas seguintes linguas:

Castellano
Galego

Para iso, só tendes que descarga-los pdf nos enlaces que podedes ver enriba.

Recordar que só poden dar de alta programas como directores/as dos mesmos, persoas afectas á Universidade de Vigo (preferiblemente do campus de Ourense).


Equipo RKO.

jueves, diciembre 01, 2005

Reto 4ventos

Nol programa 4ventos especial do pasado Mércores, 30 de Novembro, plantexouse a seguinte pregunta, ¿de que idioma provén a verba chatarra?.

As respostas recíbense en 4ventos@gmail.com, ata o 14 de Decembro ás 12h. UTC (12 h. hora canaria, 13 h. hora peninsular)

@ gañador poderá, ben asistir ao programa, ben gañar unha invitación para ter unha conta en gmail, ben enviar un arquivo dun máximo de 5 minutos co que estime oportuno (música incluída).

jueves, noviembre 17, 2005

Novo Amencer

Novamente, comeza Radio Kampus Ourense a súa andardura. Xa temos local estable, xa temos equipamento, xa temos...en fin... vida propia. E agora queremos contar con todos vos.

Dunha banda, d@s uniersitari@s de Ourense (sexan Alumnos, PDI ou PAS), para facer unha radio á vez plural, comprometida, entretida, informativa, solidaria...

Doutra banda, d@s oíntes, que agardamos que sexades moit@s e que vos guste a programación, e que amáis deso, participedes nos programas que así o permitan.

Amáis deso, para escoitarnos, fai falla un reprodutor tipo Winamp (Non Windows Media Player), que podedes baixar de: http://download.nullsoft.com/winamp/client/winamp5111_full_emusic-7plus.exe

E para poñe-lo popular reprodutor en castelán, debedes baixar e instala-lo paquete de linguaxe en castelán (Español) -que eu saiba non o hai en galego-, de:

http://download.nullsoft.com/customize/component/2004/2/15/P/Espannol.exe


Os enderezos de escoita son:

http://rko.uvigo.es:8000/listen.pls (MP3 a 96 kbps - para conexións Rápidas)

http://rko.uvigo.es:8004/listen.pls (MP3 a 48 kbps - para conexións máis lentas)

http://rko.uvigo.es:8009/listen.pls (AACplus a 64 kbps), preferentemente Winamp, ou xmms con soporte aacplus


A RKO comeza a soar.

¿Apúntaste?