viernes, agosto 03, 2007

Xira de Verán de Guezos



Como sabedes, catroventos fixo nunha das súas entregas, unha entrevista moi peculiar con representantes do grupo folk ourensán Guezos.

Pois, recentemente, recibímo-la nova de que están de Xira de Verán por toda Galicia e parte do estranxeiro. Os creadores do singular Terradentro, e outras músicas con selo propio xa teñen cartel ata o 29 de setembro.

Velaquí algunhas das datas:

*4 Ago Luintra + Ergom
*10 Ago Palas + A Matraca Perversa

* 14 Ago Villalibre de la Jurisdicción(Bierzo) + Cuchufellos(por confirmar)
* 15 Ago Villablino (León) + Cuchufellos
* 18 Ago Vilariño Festival de Vilariño + Treixadura + A Compañía do Ruido
* 21 Ago Andorra
* 30 Ago A Valenzá + Ergom
* 31 Ago Pub 4 Camiños (A Rúa)
* 1 Set Castillo de Cornatel (Bierzo) + Cuchufellos
* 29 Set Vilar de Santos + Skarnio

Así que xa sabedes, a guezear desfrutando cos Guezos por Galicia, Bierzo e algún lugar máis...e se queredes un chisco da súa música, tédela, con licenza Creative Commons na páxina de Guezos na Regueifa Plataforma.

Equipo RKO.

No hay comentarios: