O novo enderezo desta bitácora é o seguinte:
http://rko.uvigo.es
Un saúdo,
Antonio Vega.
Radio Kampus Ourense.
Coordenador.
jueves, mayo 28, 2009
viernes, agosto 03, 2007
Xira de Verán de Guezos
Como sabedes, catroventos fixo nunha das súas entregas, unha entrevista moi peculiar con representantes do grupo folk ourensán Guezos.
Pois, recentemente, recibímo-la nova de que están de Xira de Verán por toda Galicia e parte do estranxeiro. Os creadores do singular Terradentro, e outras músicas con selo propio xa teñen cartel ata o 29 de setembro.
Velaquí algunhas das datas:
*4 Ago Luintra + Ergom
*10 Ago Palas + A Matraca Perversa
* 14 Ago Villalibre de la Jurisdicción(Bierzo) + Cuchufellos(por confirmar)
* 15 Ago Villablino (León) + Cuchufellos
* 18 Ago Vilariño Festival de Vilariño + Treixadura + A Compañía do Ruido
* 21 Ago Andorra
* 30 Ago A Valenzá + Ergom
* 31 Ago Pub 4 Camiños (A Rúa)
* 1 Set Castillo de Cornatel (Bierzo) + Cuchufellos
* 29 Set Vilar de Santos + Skarnio
Así que xa sabedes, a guezear desfrutando cos Guezos por Galicia, Bierzo e algún lugar máis...e se queredes un chisco da súa música, tédela, con licenza Creative Commons na páxina de Guezos na Regueifa Plataforma.
Equipo RKO.
Etiquetas:
Concertos,
Guezos,
música,
música libre,
Verán,
Xiras,
Xiras de Verán
martes, junio 19, 2007
Unha viaxe moi especial
O próximo Xoves, 21 de Xuño, ás 22 horas, agárdanos "Viaxe dos Catro Ventos 2007", o último programa do curso de catroventos.
Nel, teremos algo de todo, invitad@s no estudo, un pouco de historia, e máis cousas...
Antón Vega e Jandro Carballo agárdannos a todos na "Viaxe dos Catro Ventos 2007", este Xoves, desde las 22 horas.
Etiquetas:
2007,
catroventos,
especiais,
fin de curso
sábado, junio 02, 2007
Música no blog da RKO
Dende hoxe, xa temos música na bitácora da RKO, e da mesma música que logo poderedes escoitar na radio. Por medio de Jamendo e seu "widget para blogs", poderedes disfrutar cada certo tempo, dun grupo novo con música de Jamendo,claro.
Para comezar, comezamos con Sehene, pop francés da man desta muller que, dotada dunha voz cunha corporalidade especial, transmite a través de algo máis que a palabra.
Esperamos que disfrutedes desta nova iniciativa de Radio Kampus Ourense.
Etiquetas:
bitácora RKO,
Jamendo,
música libre,
Música RKO
jueves, mayo 03, 2007
Entrevista en Catro Ventos
Hoxe, Xoves, 3 de maio,no programa Catro Ventos, Antón Vega e Jandro Carballo, tendrán la visita de Guezos, grupo de folk-pop ourensán.
Más información en el blog de catroventos.
Etiquetas:
Catro Ventos,
catroventos,
programas
miércoles, abril 25, 2007
Sigue Catroventos
Catroventos, o (de momento) único programa semanal de Radio Kampus, sigue na súa 3º tempada, cun programa no que imos a desvelar o misterio da pregunta do Busca Trivial Catro Ventos 2007, deserta polo momento, e imos a plantexar outra.
Avisaremos dos últimos intres da MITEU, daremos algunha que outra nova en clave de Jandro, algunha que outra nova tola, e dedicarémosvos o programa, coma sempre, aos ointes de catroventos, aquí, en Radio Kampus Ourense.
¿Aínda non nos oiches zoar?
P.D.: Estamos preparando algo para a próxima semana, estade atentos.
Avisaremos dos últimos intres da MITEU, daremos algunha que outra nova en clave de Jandro, algunha que outra nova tola, e dedicarémosvos o programa, coma sempre, aos ointes de catroventos, aquí, en Radio Kampus Ourense.
¿Aínda non nos oiches zoar?
P.D.: Estamos preparando algo para a próxima semana, estade atentos.
martes, junio 13, 2006
Novo programa de Cabreados
Este Xoves, 15 de Xuño emitirase o número 23 de "Cabreados, el podcast". Este podcast de cabreos (en castelán) conxuga o "servicio público" co humor. Rafa Osuna conduce, dirixe, realiza e dá vida a este podcast, que esta semana ven cargadiño de cabreos, humor e máis...
Actualización: Por certos problemas que impediron a emisión deste programa, este emitirase o próximo Martes, día 20 de Xuño, de 22 a 23 h.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)